martes, 15 de marzo de 2011

Cronica

Nesta ocasión os de Paso Miúdo fumos pasar o fin de semana ás terras do Bierzo, a Ponferrada, visitando “As Médulas” e o “Valle del Silencio”.
Salimos ás 9 da mañá nun micro bus, necesario o seu pequeno tamaño nesta ocasión para poder visitar Peñalba de Santiago, e almorzamos algo aínda en Galicia. A Ponferrada, da que me sor-prendeu o grande que parece, porque tendo a metade de habitantes que Lugo parece tan grande, e o aire decadente, de haber vivido tempos mellores, que ten, chegamos algo cedo e fumos pa-sear polo castelo dos Templarios, que ten o río Sil ós seus pes, e unha arribada contra o río pre-ciosa cas cerdeiras en flor. Comemos no Hotel, mais que razonablemente ben, e fúmonos para As Médulas.
Das Médulas todo está escrito, unha explotación aurífera dos romanos, da que se calcula se sa-caron 1.500 toneladas de ouro en 250 anos de explotación, e se removeron 500 millóns de me-tros cúbicos de terra, un rendemento de 3 gramos de ouro por tonelada de terra. Derrumbaban os montes con auga, captada cunha rede de canais de 300 Km en total, que traía as augas das mon-tañas veciñas usando, ó final, o Sil como desaugue. Traballando penosamente segundo o histo-riador “Plinio el Viejo”, que foi administrador da explotación na súa xuventude, 60.000 obrei-ros.
Casi 2.000 anos despois As Médulas, patrimonio da humanidade desde 1.997, é unha paraxe espectacular, doutro mundo. Xa che dan a benvida esas moles roxas no aparcamento da aldea homónima, e se che sobrecolle o corazón ó pensar en onde vas entrar, xa que poucas veces a destrucción feita pola codicia humana produceu algo tan bonito. Dentro das Médulas te das de conta da magnificencia da obra, da cantidade inconmensurable de auga, brazos e vidas que fixe-ron falta para arrancarlle á terra todas esas toneladas de ouro.
Pero hoxe os donos das Médulas non son os homes, é a natureza a que as volveu reclamar para sí, preséntase esta poderosa, á altura da obra do home, chea de vexetación e carballos, hai casti-ñeiros varias veces centenarios, algún mesmo parece que naceu dunha castaña que lle caeu a algún dos obreiros romanos na hora do rancho.
Pero si ben o paseo por dentro das Médulas é sobrecolledor, e necesario para contextualizar e, sobre todo, dimensionar a obra romana, o mellor estaba por vir. Subimos ó mirador de Orellán, que é desde donde se fan as fotos panorámicas típicas das Médulas, as que todos vimos ducias de veces, e aínda así é difícil explicar o inmenso e irreal da paisaxe, da vexetación, da terra roxa brillando ó sol, do espectáculo natural que se estende ós nosos pes, sin podelo evitar se che ven á cabeza algunha historia épica rodada en Monument Valley polo gran John Ford cunha melodía de Max Steiner nos oídos, e cun pouco de calor no peito.
Pero con todo o espectacular que son as Médulas desde o alto ou desde dentro, nada se pode comparar coa emoción que sentimos ó meternos pola galería. Ángel, sabiamente, non nos expli-cou en que consistía exactamente esa galería, e sobre todo non nos dixo a onde ía dar. É moi emocionante pasar por unha galería que foi feita casi dous mil anos atrás por homes con pico e pala, pero aínda así nada que ver coa grandísima emoción que sentes ó ver luz, e pensando que saliríamos a calquera sitio, sales a un inmenso balcón no medio da parede vertical, con esa im-pactante terra roxa a teus pes e fronte ós teus ollos enchendo case todo o campo de visión. Hoxe en día que en persona, no cine o virtualmente xa temos visto de todo, poucas, moi poucas veces, che sale unha exclamación de sorpresa desde o mais profundo da alma, como nos saleu á miña irmá e mais a min ó contemplar o que se nos ofrecía diante dos ollos, experimentamos un pe-queno Síndrome de Stendhal, diría eu.
Tras todas estas emocións e coa firme promesa de volver o antes posible fumos cara a Ponferra-da parando no Castelo de Cornatel desde donde se divisa todo o Bierzo e os montes de Galicia. En Ponferrada entregámonos á que, para min, é a segunda e moi importante faceta da asocia-ción, a gastronómica, cena cunhos viños antes, e unha voltiña para favorecer a dixestión antes de ir dormir.
O Domingo fumos a Peñalba de Santiago e ó Valle del Silencio. Tras subir por unha carretera incriblemente estreita, e ver que o bus pequeniño era absolutamente necesario para poder pasar entre dúas casas do principio da costa, chegamos á aldea, primorosamente restaurada. Estando tan cerca unha da outra é tremendamente diferente á aldea das Médulas, Peñalba, na súa rustici-dade, é extremadamente elegante, mentres que a aldea das Médulas e kitsch ata niveis cercanos a Combarro.
A aldea e o val rezuman tranquilidade, paz e sosego. O río viña das montañas aínda nevadas, salvaxe correndo polo val. É un sitio xenial para pasar un fin de semana. A ruta hacia a Cova de San Genadio e espectacular, vimos unhas plantas, que nos chamaron poderosamente a atención pola súa abundancia, que identifiquei despois na casa, en internet, como Helleborus Viridis, unha planta medicinal. Pasamos xunto a Encinas e toda clase de vexetación, por suposto alí sólo coñecen o eucalipto polos caramelos.
Á volta paramos nunha taberna preciosa na súa decoración, e cun lume encendido, un viño e unhos chorizos que nos fixeron recuperar forzas. Reitero que vaia sitio para pasar un fin de se-mana, claro que a cada ruta que vamos digo o mesmo, ¿Será que hai innumerables sitios pola contorna para pasar un fin de semana excelente?, probablemente si. A xente das aldeas e as montañas, dame a lixeira impresión de que están espabilando para ganarse o pan, a ver o que tardamos na costa en poñernos ó día.
Logo de descansar na tasca comimos de novo en Ponferrada, cunha excelente relación calidade precio, todo hai que decilo, e non viñemos para a casa con tempo aínda de ver un pouquiño do desfile de Lourenzá.
Este foi o noso fin de semana, o 10 de Abril espéranos o nacemento do Miño e do Éo, unha boa comida e unha excelente compañía, unha maneira moi boa de pasar un Domingo, si señor.

Juan Antonio Fernández





No hay comentarios:

Publicar un comentario